É WhatsApp segura?

WhatsApp é unha das aplicaciones mais utilizadas por todo o mundo, e a encargada de posibilitar a comunicación gratuita por mensaxe de texto en linea. Pero é segura esta aplicación? Estan seguras a nosas mensaxes e multimedias (Imaxes,Videos,…) compartidos?.
Hoxe imos falar sobre este tema, que interesa ao que maís e ao que menos.

Ningunha tecnoloxía é 100% segura para todos os seus usuarios, e case sempre debemos sopesar que tanto da nosa seguridade estamos dispostos a arriscar por algunhas funcións útiles dentro das ferramentas que usamos.

WhatsApp é un dos servizos de mensaxería máis usado no mundo e por iso a seguridade que pode ofrecer é unha das prioridades para a compañía e para os usuarios. Por iso, desde abril deste ano, o servizo ten cifrado punto a punto, e usa un sistema chamado ”Signal Protocol”, que é a forma máis segura de facelo.Esta tecnoloxía garante automaticamente que unicamente emisor e receptor da conversación poden ler as mensaxes enviadas. Ningunha outra persoa, nin sequera a propia compañía tecnolóxica, ten acceso aos mesmos, pois están cifrados cun contrasinal que só coñecen os interlocutores. O mecanismo, que non se pode desactivar, consiste na creación dunha clave única e temporal que é inaccesible salvo polos usuarios que manteñen a conversación.

1462894604_072508_1462894789_noticia_normal

Pero desde a firma Positive Technologies demostraron que os problemas de seguridade do protocolo SS7 si permiten desvelar o contido destas conversacións. É máis, non só afecta a WhatsApp senón tamén a aplicacións como Telegram e outras similares que tamén utilizan estes sistemas de seguridade para as comunicacións entre os seus usuarios. E é que, como explican, o problema non ten que ver directamente coas aplicacións, senón co protocolo SS7 que utilizan os operadores.

Estas mesmas vulnerabilidades son as que permiten roubar as mensaxes SMS de autenticación, e precisamente por iso suplantar a identidade dos participantes nunha conversación. É dicir, que se non fose necesario o rexistro da conta de WhatsApp a través dun número de teléfono, o cifrado non se podería romper e por tanto tampouco espiar as conversacións entre usuarios de WhatsApp e aplicacións similares.

Polo que actualmente WhatsApp non é a aplicación mais segura para enviar mensaxes, ainda que como xa dixen, tampouco o son ningunha parecida como Telegram. Pero se queres saber maís e como se fai podes ver o video que fixo a cadena de televisión La Sexta sobre este tema.

Advertisements

Leave a Reply

Please log in using one of these methods to post your comment:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s