Certificado Dixital

Hoxe imos falar sobre o que é un certificado dixital, para que se utilizan, como se pode acceder a eles e moitas outras cousas sobre o certificados.

Un certificado dixital ou certificado electrónico é un ficheiro informático xerado por unha entidade de servizos de certificación que asocia uns datos de identidade a unha persoa física, organismo ou empresa confirmando desta maneira a súa identidade dixital en Internet. O certificado dixital é válido principalmente para autenticar a un usuario ou sitio web en internet polo que é necesaria a colaboración dun terceiro que sexa de confianza para calquera das partes que participe na comunicación. O nome asociado a esta entidade de confianza é Autoridade Certificadora podendo ser un organismo público ou empresa recoñecida en Internet.

O certificado dixital ten como función principal autenticar ao posuidor pero pode servir tamén para cifrar as comunicacións e asinar dixitalmente. Nalgunhas administracións públicas e empresas  é requirido para poder realizar certos trámites que involucren intercambio de información delicada.

Un certificado electrónico serve para:Autenticar a identidade do usuario de forma electrónica;Asinar electronicamente de forma que se garanta a integridade dos datos transmitidos e a súa procedencia;Cifrar datos para que só o destinatario do documento poida acceder ao seu contido.

04031059200

En España, actualmente os certificados electrónicos emitidos por entidades públicas son o DNI ou DNI electrónico, AC Camerfirma e o da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre – Real Casa da Moeda (FNMT-RCM).Para o certificado dixital do FNMT é necesario contar con DNI ou NIE.

Se queres obter algún dos principais certificados dixitais permitidos en España,preme neste enlace e escolle o que necesites, seguindo os paso que nos indica a Administración Pública para obtelos.

Se queres saber maís sobre estes certificados, deixovos un artigo onde se amplia a información dos Certificados Dixitais en España: Arquivo con Formato PDF

Advertisements

Leave a Reply

Please log in using one of these methods to post your comment:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s