Cifrado César

En criptografía, o cifrado César, tamén coñecido como cifrado por desprazamento, código de César ou desprazamento de César, é unha das técnicas de cifrado máis simples e máis usadas. É un tipo de cifrado por substitución no que unha letra no texto orixinal é substituída por outra letra que se atopa un número fixo de posicións máis adiante no alfabeto. Por exemplo, cun desprazamento de 3, a A sería substituída polo D (situada 3 lugares á dereita da A), a B sería substituída pola E, etc. Este método debe o seu nome a Xullo César, que o usaba para comunicarse cos seus xenerais.

O cifrado César moitas veces pode formar parte de sistemas máis complexos de codificación, como o cifrado Vigenère, e ten aplicación no sistema ROT13. Como todos os cifrados de substitución alfabética simple, o cifrado César descífrase con facilidade e na práctica non ofrece moita seguridade na comunicación.

Cifrado César: Mtpf fqnltx

Advertisements

Leave a Reply

Please log in using one of these methods to post your comment:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s